Thursday 09 de May de 2024

O Conservatorio de Riveira ofrecerá unha semana de audicións e concertos dentro do ciclo “Primavera Musical”


O Concello de Riveira informa de que nos vindeiros días vai ter lugar no conservatorio o ciclo “Primavera Musical” unha serie de audicións e concertos, todos eles no salón de actos do centro.

O venres 24 o pianista vigués Iván Fernández, ofrecerá un recital ás 19.00 horas. Iván Fernández é graduado con Matrícula de Honra en interpretación pianística na Escola Superior de Música de Cataluña e master en interpretación pianística na Academia Gnessin de Moscú. Ten ofrecido concertos en diversas localidades de Galicia, Cataluña, Comunidade Valenciana e outras cidades como Sevilla, Braga, San Petersburgo e Moscú.

O sábado 25 e domingo 26 serán os alumnos da Aula Galega de Saxofón quen ofrecerán dúas audicións. A primeira delas o sábado ás 20.00h e a segunda o domingo ás 13.15h. Estarán acompañados nesta ocasión polo pianista soriano Mario Molina Gómez e despois de dous meses nos que tivemos o pracer de contar con David Brutti como profesor de saxofón, volverá o profesor habitual da Aula o mestre Rodrigo Vila.

O martes 28 ás 18.30h os alumnos do Conservatorio ofrecerán unha audición para todos aqueles que desexen acercarse a escoitalos.

O mércores 29 será un día grande para os alumnos máis pequenos do Conservatorio. Será a audición dos alumnos do 1º curso do Grao Elemental. Para a maioría a primeira vez que actúan en público polo que vai ser, de seguro, moi especial para eles e por suposto tamén para as súas familias. Este importante evento terá lugar ás 18.30 h.

O xoves 30 ás 18.00h os alumnos do Conservatorio ofrecerán a últimas das actuacións deste ciclo primaveral.

Festival en Vigo
Ademais para rematar o mes, o venres 31, dous alumnos do conservatorio, Michelle Pena González e Yuri Durán Castro, representarán ao centro no Proxecto “Xóvenes Promesas dos Conservatorios de Galicia” dentro do Festival Nas Ondas. Este festival internacional está organizado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e ese día participarán tamén alumnos doutros conservatorios profesionais como o de Coruña, Vigo, Tuy, Redondela e Áncora de Portugal. Michelle interpretará Rapsodia Op. 79 de J. Brahms e Yuri Arabesque Nº2 de C. Debussy.